Tanto a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) como o Centro Dramático Galego (CDG), dúas institucións destacadas no teatro galego, celebran neste 2009 as súas vodas de prata. E neste ano tan especial, o padroado da MIT decidiu concederlle ao CDG o seu premio de honra, entre outros méritos, polo seu importante papel na configuración do teatro galego contemporáneo. Así se fixo público nunha rolda na que Roberto Pascual, director da mostra fixo un avance da programación do encontro que se desenvolverá do 17 ao 26 de xullo.
Á estrea de Splash, espectáculo creado pola Fura del Baus para a inauguración do encontro (MIT), únense agora espectáculos como De homen para homen protagonizado pola prestixiosa actriz portuguesa Beatriz Batarda; a estrea no Estado da coprodución franco-coreana Blik; a montaxe para público infantil que conta con vestiario de Ágata Ruíz de la Prada, Alicia tras o espello; ou o espectáculo innovador A casa do avó, premiado no Fetén 2009. Non será ata o 6 de xullo cando, na súa presentación na Casa de Galicia en Madrid, se coñeza o programa definitivo da mostra que conta con importantes patrocinios privados (Renfe concedeulles 10.000 euros). Unha data na que a dirección da MIT confía que se resolvan as axudas e convenios por parte da Consellaría de Cultura.