A MIT da Ribadavia desafía a crise con estreas absolutas e programación internacional

Francisco Pillado recibirá o Premio de Honra Abrente 2012

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A vixésimo oitava edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia segue fiel aos seus principios: estreas absolutas, compañías internacionais de recoñecidos prestixio e espectáculos destacados pola súa gran calidade. Entre as estreas destaca A puerta cerrada, a colaboración internacional entre a compañía arxentina Timbre 4 e a reputada Théâtre du Soleil. Canda este a compañía española Teatro en el Aire estreará aquí Bailando tus huesos; e a Escola superior de Arte Dramática presentará A tempestade no marco do seu proxecto escénico didáctico. Chega a Ribadavia o premio á mellor adaptación teatral Feten, El príncipe feliz da compañía catalá La Baldufa. A cita, que se desenvolve do 20 ao 28 de xullo, concédelle a Francisco Pillado o Premio de Honra Abrente, polo seu compromiso a cargo da edición de textos teatrais. Quico Cadaval será o encargado de ler a apertura dun programa que este ano tivo dificultades de financiamento ao non resolverse a tempo a convocatoria de axudas para este tipo de encontros que inaugurou a Agadic.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito