Ribadavia prepara unha homenaxe a todas as formacións que pasaron pola mostra de teatro

Preséntanse as bases da 4ª edición do premio Abrente

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Este ano cúmprese o cuarto centenario da aparición de “El arte nuevo de hacer comedia”, co que Lope de Vega marca o inicio da renovación do teatro clásico. Unha efeméride que a XXV Mostra de Teatro Internacional de Ribadavia non quere deixar pasar e achegará unha montaxe que se estreará primeiro en Olmedo (no Festival de Teatro Clásico). Canda esta, haberá unha proposta creada ex profeso para a inauguración a cargo dun grupo de renome internacional, que aínda non se quixo avanzar. Roberto Pascual, director do encontro, destacou o interese por manter a internacionalización e a consolidación da escrita dramática nesta mostra ao tempo que presentaba a cuarta edición do premio Abrente de Textos Teatrais. Ademais, anunciou que nesta data tan simbólica (cumpre 25 anos) o festival pretende facer unha homenaxe e retrospectiva ás compañía que pasaron pola mostra.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Ribadavia, Abrente, Roberto Pascual...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares