A MIT de Ribadavia contará cunha colección literaria de textos teatrais

Convocada a quinta edición do certame Abrente

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Hai xa un tempo que os organizadores da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, a MIT, saben da importancia de contar cun repertorio treatrais propios. Por iso desde hai cinco anos contan co certame Abrente de textos teatrais e do que acaban de convocar a súa quinta edición (dotado con 3000 euros máis o financiamento da montaxe gañadora). Roberto Pascual, director da MIT, aproveitou a convocatoria dunha nova edición para anunciar a “Colección Abrente”, dedicada á divulgación de textos dramáticos na lingua galega.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con MIT, Abrente, Roberto Pascual, Lingua galega...