Doce obras compiten polo Premio Abrente de Textos teatrais

O gañador recibirá 3.000 euros, a publicación e a representación da obra

1/7/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo

É un dos certames sobre textos teatrais escritos en galego máis importantes que existen na actualidade. Falamos do Premio Abrente, que convoca o Concello de Ribadavia, e que este ano bate marcas ao contar con 12 obras finalistas. O gañador saberase nun acto presentado por Antonio Durán, Morris, no día de clausura da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, que vai celebrar a súa XXIV edición entre os días 19 e 26 de xullo.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Abrente, Ribadavia, Morris, Antonio Durán...