Falta pouco máis dunha semana para que comece a edición máis especial da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Será aquela na que celebre os 25 anos con espectáculos chgadoos de Madrid, Cataluña, Portugal, Italia, Francia, Brasil e Corea. Ao xa coñecido, o espectáculo inaugural de La Fura dels Baus, a dirección acaba de dar a coñecer o programa completo no que destaca desde Alicia atraviesa el espejo, con escenografía de Ágata Ruiz de la Praga; o premiado espectáculo de Compañía la Rous La casa del abuelo ou a produción galega A piragua, de Cándido Pazó. A cita co teatro terá lugar en Ribadavia do 17 ao 26 de xullo.