A obra Golem da dramaturga británica Suzanne Andrade, abrirá este ano o programa de actuación da 33ª Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. O espectáculo farase o 15 de xullo no Auditorio do Castelo a cargo da compañÃa 1927 en coprodución con Festival de Salzburgo, Théâtre de la Ville de ParÃs e Young Vic Theatre de Londres. O peche da mostra o 24 de xullo correrá a cargo da posta en escena dunha función especial de A cabeza do Dragón de Valle-Inclán por Producións Teatrais Excéntricas, a primeira obra do dramaturgo levada á escena en galego. Entremedias a 33 MIT ofrecerá espectáculos procedentes de Reino Unido, Grecia, Alemaña, Francia, Portugal ou Lituania, que convivirán coas estreas, coproducións e funcións galegas e do resto do estado: AndalucÃa, Illas Baleares, Madrid ou Castela-León. A MIT , que conta cun orzamento aproximado de 180.000€, presentou o pasado venres o seu programa cun acto festivo no Castelo dos Sarmiento de Ribadavia.
Nesta nova edición o público poderá ver un apartado especial dedicado á creación contemporánea a partir da obra de William Shakespeare con diversas visións escénicas contemporáneas a partir dun clásico, tanto as obras do proxecto Comedias de Teatro de la Ciudad, como as coproducións do festival coa compañÃa Voadora ou Teatro Oficina de Portugal, enmarcaranse neste apartado no que Andrés Lima presentará Sueño, unha lectura en diálogo coa que tamén fará Marta Pazos a partir da peza Soño dunha noite de verán. A MIT tamén outorgará atención á danza, ao circo e as artes de rúa no festival co programa Ruadavia (teatro de rúa) e o programa infantil da Mostra. A presenza de Premios Nacionais (de Circo, Danza e Teatro) conviven nos espazos e nos foros co apoio ás novas dramaturxias presente por exemplo na estrea de Todo sobre Eva, Premio Abrente 2016 de Xandra Táboas dirixido por Diana Mera. O festival de Ribadavia tamén será o marco da estrea no estado español da obra baseada nun relato de Kafka The Hunger Artist do prestixioso director, Eimuntas Nekrosius, coa súa compañÃa Meno Fortas. Esta produción foi estreada no Festival de Spoleto con enorme éxito de público e de crÃtica. A MIT 2017 tamén estará marcada por unha función especial para conmemorar o 30 aniversario do grupo Chévere. Ligado estreitamente á MIT (Premio de Honra da MIT 2011), Chévere presentará unha edición especial revisitada do espectáculo Annus Horribilis, delirio musical que se estreou na NASA en outubro de 1994. Ademais destes espectáculos, outras actividades coma obradoiros, conferencias, espectáculos na rúa, os satélites da MIT no rural, etc., complementan o programa oficial.