La fura del Baus abrirá a Mostra de Teatro de Ribadavia cun espectáculo deseñado para o evento

Manuel Rivas será o pregoeiro desta edición

4/5/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Splash é o título do espectáculo co que La fura dels Baus dará inicio á MIT, a Mostra Internacional de Teatro Ribadavia. Será o día 17 de xullo, xusto despois do pregón que lerá Manuel Rivas, e está deseñado especificamente para a ocasión. A celebración do 25 aniversario pretende ser unha importante cita de “consolidación, homenaxe e retrospectiva”, tal e como apuntou o seu director, Roberto Pascual, que está a preparar unha programación chea de novidades. No caso de La fura dels Baus, os membros da compañía impartirá un taller de preparación, entrenamento e expresión corporal na semana previa e, para iso, teñen previsto convocar un macro casting para encontrar os participantes do espectáculo.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Teatro, Ribadavia, Manuel Rivas...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares