O programa Escénika achegará a Vigo as artes escénicas

O programa da Escola de Arte Dramática conta con compañías de La Fura dels Baus

10/6/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A Escola de Arte Dramática de Vigo organiza para este verán un nutrido programa de actividades teatrais no marco do campus de verán Escénicka. Entre o 29 de xuño e o 15 de xullo celebraranse na cidade obradoiros e actividades formativas nos máis diversos campos das artes escénicas. Maquillaxe, monicreques, coreografía ou interpretación son algunhas das propostas nas que se poden inscribir os interesados, que contarán con maxisterio de nomes tan destacados coma La Fura dels Baus, Ignacio García, Paulo Eduardo Carvalho, Cándido Pazó, José Manuel Garrido ou José María Vieira, entre moitos outros.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Vigo, Cándido Pazó, Manuel Garrido...