Comeza en Vigo o Alt 09

O Festival Alternativo das Artes Escénicas terá unha extensión en Ferrol

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Desde hoxe e ata o vindeiro 15 de marzo, Vigo faise capital da escena alternativa en Galicia. A oitava edición do festival ALT (Festival Alternativo das Artes Escénicas) achega á cidade arredor de vinte espectáculos en espazos coma o MARCO, o Verbum, a Casa das Artes ou a Escola Superior de Arte Dramática entre outros. Entre as compañías participantes atópanse grupos de Inglaterra, Francia, Cuba e Portugal, con nomes coma Dinamo Danza, Rotozaza, Playground ou Voadora canda a artistas coma Diego Anido, Alberto Velasco ou Ernesto Collado entre moitos outros. Como novidade, o ALT 09 achegará ata Ferrol unha extensión das súas actividades. A cidade departamental acollerá unha retrospectiva da compañía Los Corderos.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Diego Anido, Danza, Casa das Artes...