A creación alternativa volve encher as rúas de Vigo da man do Alt10, festival alternativo

Unha xornada centrarase en expor proxectos galegos

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

É o encontro da escena libre, do traballo experimental, das linguaxes que se mesturan… o festival alternativo de artes escénicas de Vigo, o Alt, acaba de presentar unha nova edición (do 11 ao 20 de marzo). Un encontro no que hai compañías chegadas de Francia (Etxea, Café Kash), Andalucía (Histrión) e Madrid (Mone Penela, Elena Córdoba), que se poderán ver polas rúas da cidade e en espazos como o MARCO ou a Casa das Artes. Ademais, aproveitando a presenza de directores doutros festivais, o Alt programará o venres 19 unha sesión especial con proxectos galegos. Carolina Fernández, Alfonso Rivera, Uxía P. Vaello e Borja Fernández, achegarán os seus traballos procedentes de distintas artes como danza, circo e teatro.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Danza, Artes Escénicas, Casa das Artes...