O Campo do Xestal de Ribadavia acolle hoxe un espectáculo creado por La fura dels Baus para inaugurar a Mostra Internacional de Teatro. Splash, que mestura teatro con acrobacias, dá o tiro de saída desta edición da MIT que chega cargada de bo teatro. Para esta fin de semana a compañiá La Rous reflexiona sobre o valor dos recordos en La Casa del Abuelo; Réplika Teatro recolle a escenografía de Ágata Ruíz de la Prada no seu espectáculo de títeres Alicia Atraviesa el Espejo e onde Flyharde ea Sala Beckett presentan o seu City/Sim City. Culturagalega.org fará un seguimento diario con comentarios, recomendacións e suxestións do seu director, Roberto Pascual.
Venres 17
20:00 horas. Inauguración. Casa do Concello
20:30: Pregón. Cándido Pazó. Praza Maior
23:00 horas. Splash. La Fura dels Baus. Campo do Xestal.
Sábado 18
Domingo
Sábado 18
A casa do avó
12:30 e 20:30 horas Compañía La Rous Lugar: Igrexa da Madalena Sinopse: O avó vive na súa rutina. Lávase á mesma hora. Almoza á mesma hora. Pasea á mesma hora. Un día, as súas pernas deciden deixar de camiñar e pouco a pouco vanse apagando. Cando o avó morre e marcha para sempre, os que quedan, constrúen unha casa moi preto del. Así continúa a historia: placidamente, abrindo e pechando caixóns. Lembrando con cariño a través dun escritorio, o que foi da súa vida. Din que os que se van sobreviven grazas á lembranza que pervive deles, nos que o amaron... Duración: 45 minutos Vídeo:LA CASA del ABUELO. Compañía La Rous. from Utopi on Vimeo.
Web: http://www.larous.es/lacasadelabuelo.htmlCity/Sim City
23:00 horas. Flyharde e Sala Beckett. Sinopse: Inspirada no videoxogo de estratexia Sim City, Fly Hard presenta a historia de tres traballadores dunha multinacional, Daniel, Helena e Xulia, que agardan ver recompensado o intenso traballo que puxeron nun proxecto. O seu obxectivo e que os fagan indefinidos, algo que non conseguen, e comezan un plan para desestabilizar a empresa. Duración: 90 minutos Web: http://www.flyhard.org/?author=1 Vídeo:Domingo

