De piollos e velenos

Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia 2009

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
VIDA DUN PIOLLO CHAMADO MATIAS

VIDA DUN PIOLLO CHAMADO MATIAS

Foi premio Max ao mellor espectáculo infantil deste ano, e conta a historia dun piollo que aprende desde moi novo a ter os ollos sempre abertos. A vida dun piollo chamado Matías é o espectáculo infantil destacado da programación de hoxe. Canda este, destaca Dame Veleno, a última aposta da compañía ourensá Sarabela Teatro que chega hoxe á MIT de Ribadavia. Un programa que comenta diariamente o seu director, Roberto Pascual.

VIDA DUN PIOLLO CHAMADO MATIAS
1/4
VIDA DUN PIOLLO CHAMADO MATIAS
2/4
DAME VELENO
3/4
DAME VELENO
4/4

Martes 21
10:00 horas: Curso de interpretación. Casa da Cultura
12:00 horas. El Teatrito del desván. Igrexa da Magdalena.
20:00 horas. Trasno. San Cristovo.

A vida dun piollo chamado Matías El Espejo Negro (Andalucía)

20:30 horas:
Duración: 60 minutos
Sinopse: Nado na caluga dun maquinista, Matías aprende desde os seus primeiros pasos que un piollo sempre debe andar cos ollos ben abertos. Enseguida ten que hacer fronte ás inundacións xabonosas e as fregas coas que a man do home quere expulsalo,oou buscar refuxio ante un peine ou o furacán dun secador. Un día, unha amiga anímao a buscar os manantiais próximos a esa montaña vertical que é a orella, pero, como novos incautos que son, caerán prisioneiros da malvada raíña da caspa e veranse condeados a traballos forzados.

Dame veleno. Sarabela Teatro





Ánxeles Cuña sobre Dame Veleno de Sarabela Teatro

23:00 horas
Duración: 90 minutos

Dáme veleno é unha obra para gozar das sorprendentes sensacións que nos invaden cando non sabemos o que nos espera detrás dunha porta ou cando tentamos atrapar a verdadeira natureza dun grupo de seres humanos no trebón da vida ao límite.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Espectáculo, Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, Sarabela Teatro...