Despedida e peche

Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia 2009

A MIT de Ribadavia toca o seu fin cun programa cargado de actividades: presentación dun novo número da Revista Galega de Teatro, máis espectáculos, a entrega de premios e algunha que outra sorpresa. Coas recomendacións de Roberto Pascual, director da mostra, remata a cobertura especial que Culturagalega.org destinou ao encontro teatral por excelencia do verán.

VENRES 24





10:00 horas: Curso de interpretación. Casa da Cultura
20:15 horas. Presentación do número 59 da Revista Galega de Teatro. Sede da MIT.
21:00 horas. Madrid, laberinto XXI. Metatarso(Madrid). Casa da Cultura
Sinopse: : Madrid Laberinto XXI é unha radiografía da vida nas ciudades e as súas contradicións. A confusión da nosa sociedade reflíctese mediante diferentes historias de persoas que loitan por seren felices, debaténdose entre a evasión e a realidade cotiá. A cidade como labirinto de emocións, pensamentos e ideoloxías é o punto de partida desta reflexión sobre o espazo que se abre entre a realidade e o soño, o desarraigo e a busca da identidade. Madrid Laberinto XXI Madrid Laberinto XXI parte da investigación sobre novas linguaxes escénicas e a fusión de diferentes artes ao servizo dunha dramaturxia que aborda a través do humor e o patetismo temas como a paranoia terrorista, a soidade, o culto ao corpo, etc.


23:00 horas: Blik Monsieur et Madame O, La Volga e Homo Ludens (Francia-Corea). Auditorio
Sinopse: Esta traxicomedia de gran forza xestual e visual, seleccionada para os máis importantes festivais internacionais de mimo, chega por vez primeira a España. En medio de ningures, nun cruzamento de camiños abandonado pola humanidade … Dous soldados son a garda na fronteira. Incomodado polo aburrimento, o tempo; a soidade e o alcol, exploran o horizonte en van esperando por un visitante improbable. Eles representan os derradeiros remanentes, e as reliquias derradeiras dunha sociedade á deriva. Fóndense desvaidamente na loucura, que violentamente os ata no segredo máis aló do insan absurdo; ata que o día veña…
Duración: 75 minutos



SÁBADO 25






21:00 horas. Mago por casualidade. Teatro da Praza (Brasil) Igrexa da Magdalena
Sinopse: O Gran Patrick – típico ilusionista de galera e frac, coa súa famosa varita máxica – ademáis de sorprendernos cos clásicos números de maxia, é o presentador dunha fascinante troupe de artistas: o Profesor Boff, científico que domina a gravidade, a electricidade e as forzas da natureza; o misterioso mago chino Chung Ling Yu, que nos encanta con aparicións,



23:00 horas. El caballero de Olmedo. Teatro Corsario (Castela León). Auditorio
Sinopse: El Caballero de Olmedo, escrita entre 1620 e 1625, é unha das obras máis representativas de Lope de Vega, un verdadeiro paseo polo amor e a morte rexido por un destino fatal. Lope, ao construír a obra sobre o motivo do asasinato do cabaleiro don Alonso no camiño de Medina a Olmedo por unha cuestión de rivalidades amorosas, elabora unha obra intensa e propón na mesma o carácter ineludible da traxedia. Este espectáculo, creado con motivo do cuarto centenario de El arte nuevo de hacer comedias, destaca a perfecta fusión de elementos tráxicos e cómicos.
Duración: 100 minutos





01:00 horas: Daimonion. Teatro do Mar (Portugal). Adro de Santo Domingo.
Sinopse: A partir da traxedia de Fausto, a aspiración á vida eterna. Teatro de rúa multimedia. Estrutura de 9 metros de altura, alusiva a unha catedral gótica. Veremos unha fusión multidisciplinar de teatro con novo circo, acrobacia aérea, danza, música orixinal, proxección audiovisual, etc.





DOMINGO 26





20:00 horas. De homem para homem. Area Ensemble (Portugal) Casa da Cultura (ESTREA EN GALICIA)
Sinopse: Neste espectáculo, Beatriz Batarda, actriz premiada, tida por moitos como a mellor da súa xeración, protagoniza o que probablemente sexa o maior desafío da súa carreira: un monólogo intenso e vibrante, poético e político. Atravésanse cincuenta anos de historia de Alemaña e da protagonista, entre os anos 30 e os 80, unha muller que para sobrevivir tivo que mentir, traficar, matar, prostituírse, roubar. Unha peza contemporánea que nos fala da Europa que estamos a construír, da loita que o individuo continúa a ter entre a dignidade persoal fronte a un sistema que o devora.


23:00 horas. Entrega do premio de Honra Abrente, premio de Textos Teatrais e premio do público. Auditorio
InFame o el placer de lo efímero Excéntrica Producciones (Andalucía)
Sinopse: InFame é un espectáculo de danza contemporánea con influencias cinematrográficas e unha banda sonora de recoñecibles referencias, Fellini, Buñuel ou Blake Edwards, que nos fala da frialdade cool do cosmopolitismo, da descomposición social. Dirixido polo bailarín e coreógrafo Rob Tannion, da prestixiosa compañía inglesa DV8 e Theatre de la Complicité, un sólido elenco representará a un grupo de artistas reunidos nunha misteriosa cita para recibiren unha noticia que será crucial para as súas maltreitas carreiras. Nesta velada convértense en vítimas dunha absurda situación que obrigará a estes frívolos personaxes a amosaren a súa auténtica identidade. O egocentrismo, a ambición, a necesidade de afecto, as frustracións, a envexa, o machismo, o egoísmo.


01:00 horas: Camping Teatro Meridional (Madrid). Auditorio
Sinopse: Teatro Meridional salta ás rúas cun espectáculo de terror, surrealismo e comedia, moita comedia, que implica directamente ao espectador. Imaxinas que unha mañá calquera, de boas a primeiras, ao lado de onde deixaches aparcado o coche aparecera un tétrico camping?