A Mostra de Ribadavia coproduce por primeira vez un espectáculo teatral

A cita terá lugar do 16 ao 24 de xullo

Luísa Merela, Toni Salgado e Ruth Balvís protagonizan Na meta, a última montaxe de Ónfalo Teatro e a primeira da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT). No seu interese por apoiar as melloras propostas profesionais, a MIT embárcase na aventura da coprodución. É a principal novidade dunha edición que ofrecerá espectáculos dos máis destacados creadores escénicos de Europa e do mundo, así como propostas que se moven entre os límites do teatro, circo ou danza. A cita, en Ribadavia, do venres 16 ao sábado 24 de xuño.

No amplo e ambicioso programa que presenta a MIT na súa edición número 26, destaca Iphigenia in A..., no que o polaco Staniewski a compañía Gardzienice, contarán co acompañamento dunha orquestra de Varsovia para a música en vivo. Canda el, a organización destacou o Premio Europa Per il Teatro para novas realidades teatrais Pippo Delbono (Martes 20, no Auditorio do Castelo). Pero haberá máis, o premio do público do ano 2009, o Premio de Honra Abrente e o de textos teatrais.
Ligazóns