Tras a comunicación do cese da ata agora única Directora de Acción Cultural da Fundación Cidade da Cultura, MarÃa Pereira, que estivo no cargo durante doce anos, a Fundación que dirixe o complexo da Xunta de Galicia ven de abrir a convocatoria para cubrir a praza. O Diario Oficial de Galicia dá inicio á apertura do prazo dás bases publicadas na web da fundación. A partir de hoxe serán quince dÃas hábiles para a presentación da solicitudes ao posto de contrato de alta dirección que se decidirá en convocatoria aberta por concurso de méritos.
As bases inciden na necesidade desta remuda indicando que "a nova ConsellerÃa de Cultura, Lingua e Xuventude, sobre a base dos principios e proxectos expostos, precisa dunha nova orientación na dirección da programación cultural, máis aliñada cos obxectivos de transformación dixital do sector, coa investigación e innovación cultural e coa produción de contidos para o exterior". Nese sentido sinálase como obxectivo un impulso á posta en funcionamento do centro galego de Artes Dixitais que abrirá no Gaiás en 2026 en liña cos obxectivos do II Plan Estratéxico, "na súa visión 2021-2027", sinalan as bases.
Entre as funcións do posto a cubrir, están as de deseñar e desenvolver a planificación cultural da Cidade da Cultura, no marco das directrices realizadas pola propia ConsellerÃa e dos plans estratéxicos vixentes. A dirección de Acción Cultural terá que coordinar os departamentos de exposicións, produción, programación e o servizo de información, mediación e atención ao visitante. As persoas que presenten a súa candidatura porán por escrito unha proposta de liñas de actuación a alcanzar e programas que se van desenvolver. As propostas deberán ter unha mención especial aos seguintes catro apartados: posta en funcionamento do Centro Galego de Artes Dixitais, prevista para o ano 2026; transformación do sector cultural e estratexia de dixitalización cultural de Galicia; investigación, innovación e apoio á creación cultural; programa de participación aberta.