A asemblea do Padroado do Museo do Pobo Galego escolleu este 28 de maio a Concha Losada como presidenta da entidade. Losada, doutora en medicina, substitúe neste posto a Xusto Beramendi, que abandonou o posto logo de once anos a o desempeñar. Losada é a primeira muller en ocupar o cargo desde a fundación do Museo en 1976.
A candidatura, única que se presentou, foi aprobada por unanimidade e anúnciase como unha proposta de continuidade co anterior mandato, no que Losada xa exercera como vicepresidenta. O seu antigo posto será agora ocupado por MarÃa Xosé Fernández Cerviño, mentres Lino Lema como tesoureiro e Francisco J. Sanjiao a desempeñar funcións de secretario mantéñense nos seus cargos.
Canda a ela, a asemblea escolleu tamén a incorporación de dúas vogalÃas a este organismo, que serán ocupadas polo historiador UxÃo-Breogán Diéguez e Bieito Pérez, que foi director do Museo das Peregrinacións.
Losada desempeñaba ata o momento o papel de directora do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade do centro, e anuncia como vindeiros obxectivos para o Museo a celebración do centenario do Seminario de Estudos Galegos en 2023, ademais de traballar na ampliación da base social da entidade.