O disco presentarase oficialmente este vindeiro domingo no Teatro Colón da Coruña cun concerto no marco do ciclo 'Folk no Colón', impulsado polo Concello da Coruña. O repertorio escollido por Tiruleque neste cuarto traballo discográfico aposta pola forza das voces femininas que deron forma á tradición da música cantada en galego e que este ano está a reivindicarse incluÃndo o DÃa das Letras Galegas. Recóllense tanto a enerxÃa coma a tradición das mulleres de xeracións anteriores que se encargaron de transmitir as composicións para que chegasen aos nosos dÃas. Partindo dese punto, a formación potencia a enerxÃa hipnótica da pandeireta co trance das liñas de baixo, combina o brillo da gaita coa forza do metal e mestura a percusión tradicional coa moderna; sempre coa particularidade de manterse fiel ao espÃrito verdadeiro das músicas, sen artificios innecesarios, respectando o seu sentido orixinal, dentro da foliada, para cantar e bailar coma sempre se fixo.