Tiruleque di Mu!!

A festa protagoniza o segundo traballo da banda

7/10/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Pezas da música popular para bailar, que incorporan metais ou baixo e non rexeitan toques de swing ou de ritmos cubanos. Mu!!,o segundo traballo de Tiruleque afianza a liña de folk festeiro que o grupo apuntaba no seu primeiro disco. En total son once temas gravados nos estudios Bonham da Coruña os que interpretan os sete membros da formación, que sofreu mudanzas desde o seu primeiro traballo. O grupo presentou o álbum o pasado 27 de setembro no Club Do Mar San Amaro da Cidade Herculina.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Folk, Cidade Herculina

Claves

Conceptos