Xurxo Mariño gaña o Premio Especial de Comunicación Científica do FECYT

O xurado valorou o seu traballo na TVG e os cafés científicos entre outros méritos

O neurocientífico e colaborador de Culturagalega.org Xurxo Mariño acaba de ser distinguido co Premio Especial do Xurado na primeira edición do Certame de Comunicación Científica. Este galardón está convocado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología e valora o esforzo a prol da divulgación científica. No caso de Mariño, o xurado recoñeceu co premio de 3.000 euros a posta en marcha da actividade “discurshow”, a súa participación participación no programa Conexións da TVG, os cafés científicos e as súas diferentes iniciativas de divulgación, incluíndo os seus artigos en Internet.