O Museo do Mar enfronta 2011 con recortes financieiros

Pacheco e a guerra submarina en Galicia serán as dúas grandes apostas do centro

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A visión do coñecido Pacheco sobre o mar e a vida mariñeira e mais unha exposición sobre a actividade submarina en Galicia durante a II Guerra Mundial son dúas das propostas máis rechamantes que prepara o Museo do Mar para este 2011. O centro enfronta o ano con recortes orzamentarios, e contará con 1.175.000 euros para os seus proxectos. Entre outras iniciativas, crearase un gabinete científico, e desenvolveranse investigacións sobre a historia do corso en Galicia nos séculos XVIII e XIX, as factorías da balea e mais a pesca de arrastre e de certo. Outras mostras que se poderán ver neste espazo vigués serán a dedicada á estanza de Darwin en Cabo Verde, as fotografías do Proxecto Costa da Morte ou a fabricación de botas para mariñeiros en Bueu.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pacheco, Morte, II Guerra Mundial, Bueu...

Claves

Protagonistas