Unha exposición lembra a guerra submarina en Galicia

O evento analiza os enfrontamentos que tiveron lugar ante as nosas costas entre 1939 e 1945

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

As costas galegas foron escenario, durante a II Guerra Mundial, de feros combates submarinos e acollen aínda hoxe restos daqueles enfrontamentos. Agora, cando se fan setenta anos do comezo daquelas batallas, o Museo Militar da Coruña acolle desde hoxe e ata o vindeiro 30 de agosto unha exposición que amosa uniformes, maquetas fotografías e outros materiais relacionados con aqueles feitos. De xeito paralelo, presentacións de libros e conferencias permitirán coñecer polo miúdo como era a vida nun submarino naqueles tempos ou os principais fitos da guerra submarina nas proximidades do noso país. O programa está organizado pola Asociación de Amigos do Museo Militar da Coruña e mais por The Royal Green Jackets.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con II Guerra Mundial

Claves