O aniversario da rebelión militar de 1936 motiva unha ampla serie de iniciativas a coincidir co Ano da Memoria

Os setenta anos

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Hai hoxe setenta anos iniciábase a rebelión militar que daría lugar á Guerra Civil en España. Aínda que o levantamento non chegou a Galicia ata dous días despois, xa hoxe se están a suceder os actos de lembranza e de homenaxe ás vítimas daquela insurrección. Deste xeito, onte mesmo comezaban en Cambados as actividades do Barco da Memoria, o programa da Consellaría de Cultura para lembrar os afectados pola represión na costa. Pola súa banda, Teatro do Atlántico estrea hoxe en Compostela a obra "Memoria do 36", unha escolma de textos poéticos que recupera a memoria das vítimas e que se representará en diferentes vilas do noso país. Ao tempo a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña aproveitaba onte este aniversario para lle solicitar ao concello que condene a sublevación e que retire os nomes franquistas das rúas. Está previsto que durante todo o día de hoxe e nas datas próximas se sucedan todo tipo de homenaxes neste sentido.

Máis información no web do Ano da Memoria

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Memoria Histórica, Guerra Civil, Teatro, Teatro do Atlántico...