Algo asà non aparece todos os dÃas. O Museo do Pobo Estradense dixitalizou a colección fotográfica de Mario Blanco Fuentes, un veciño da localidade que, como recluta do bando nacional durante a Guerra Civil, foi membro do equipo fotográfico do corpo do exército de Galicia. Deste xeito, a colección fotográfica amosa reclutas, concentracións, desprazamentos militares, prisioneiros republicanos ou escenas máis cotiás, como vilas ou mozas coñecidas. As fotografÃas eran secreto militar, pero Mario Blanco conseguiu un selo da censura grazas ao cal podÃa enviar as fotografÃas á súa casa sen risco. Son novecentos negativos que ofrecen unha visión da Guerra Civil desde os continxentes galegos reclutados por Franco e dos que o Museo do Pobo Estradense amosa na súa web unha pequena escolma.