O Museo do Pobo acolle as obras do premio fotográfico Ksado

A mostra estará aberta ata o 8 de abril

6/3/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O Museo do Pobo Galego acolleu a inauguración das obras premiadas do 13º Premio de Creación Fotográfica Luís Kasado que convoca a Deputación da Coruña. Alí pódense ver a colección "Mascaritas. Entroido solitario" realizada por Xoán Crespo, así coma os traballos de Manuel Touza, Manuel Valcárcel, Fuco Reyes, Carmen Aguado, José Manuel López ou Noela Roibas. O premio tamén recolleu como nomeamento de fotógrafo histórico de Carlos Valcárcel, fotógrafo do rural lugués durante máis de cincuenta anos. As fotografías pódense ver no Museo do Pobo ata o 8 de abril.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Touza, Fuco Reyes, Manuel Valcárcel, Manuel López...