A serie documental asinada polo fotógrafo Fuco Reyes, 'El espejo de Claude', que aborda "a incertidume da adolescencia ante o mundo", foi seleccionada como gañadora do XVII Premio 'LuÃs Ksado' de creación fotográfica que convoca a Deputación provincial da Coruña. A colección presentada por Fuco Reyes (Santiago de Compostela, 1965) forma parte dun proxecto documental que o fotógrafo santiagués realizou ao longo do último ano por diferentes IES de Galicia, traballando co alumnado en obradoiros especÃficos. Neste sentido, o informe do xurado salienta que as imaxes desta serie "trasmiten a incertidume dos e das adolescentes ante un mundo ao que comezan a enfrontarse". No seu informe, o xurado salientou "os riscos que asume 'El espejo de Claude' executando con audacia unha proposta cunha gran variedade de imaxes pero mantendo a coherencia narrativa e visual no conxunto da serie". O premio ten unha dotación de 6.500 euros.
O xurado que valorou o total das coleccións presentadas nesta edición estivo composto pola presidenta da axencia Magnum, Cristina de Middel, polo fotógrafo publicitario e de moda, Eugenio Recuenco, polo director de Encuentros de FotografÃa de Gijón, Esther Maestre, polo director do magazine dixital de fotografÃa Clavoardiendo, Roberto Villalon, pola profesora da Escola de Imaxe da Coruña, Isabel Romero; e presidido polo deputado de Cultura, Xurxo Couto. Actuou como secretaria Mercedes Fernández-Albalat Ruiz, xefa do Servizo de Acción Social, Cultura e Deportes e estivo presente Xurxo Lobato, comisario do Premio.