Doce fotos en cor compoñen a colección 'Lume' coa que o fotoxornalista ourensán Brais Lorenzo ven de resultar designado gañador do XVI Premio Luis Ksado de creación fotográfica. O xurado do galardón convocado pola deputación Provincial da Coruña salientou sobre a serie gañadora a actualidade do tema "contado nunha secuencia que visualiza o drama humano e mais o ecolóxico. Todo na liña do máis puro fotoxornalismo, onde a narrativa visual fai fincapé nas persoas que viven intres de tensión". Brais Lorenzo (Ourense, 1986) é Técnico Superior de FotografÃa pola Escola de Arte Superior e Deseño Antonio FaÃlde de Ourense e graduado en XeografÃa e Historia pola Universidade de Vigo. Desde o ano 2010 traballa como colaborador da Axencia EFE e do periódico Faro de Vigo. O Premio Luis Ksado ten unha dotación de 6.500 euros.
Sobre a serie vencedora, "Lume", o xurado indica na súa acta que cada unha das doce fotos que a compoñen "ten vida propia" e á vez "o conxunto conta unha historia". Andrea Costas Lago, Maria Phyliss Salvia Mann, Silvia Omedes Alegre, Judith Prat Molet, Eduardo RodrÃguez Ocho e o deputado de Cultura, Xurxo Couto conformaron este xurado da XVIª edición do premio. Resaltan na resolución "a capacidade do autor para narrar visualmente unha historia en imaxes, xa que a colección ten unha narrativa exquisita que amosa unha proximidade fÃsica ao tema non só nos momentos do incendio, senón despois, as consecuencias; funciona moi ben como serie pola súa coherencia, mais cada foto é unha historia por si mesma; son fotos moi expresivas". Menciona tamén "o virtuosismo fotográfico e a coidada edición e presentacion".