A exposición Paisaxes humanizadas, terras vividas amosa no Museo do Pobo o mundo agrario lugués

O fotógrafo Luís Higinio Flores amosa sesenta fotografías de contido etnográfico

16/9/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O fotógrafo Luís Higinio Flores leva moitos anos documentando a paisaxe galega desde unha perspectiva etnográfica. Nesta exposición, Paisaxes humanizadas, terras vividas, que se inaugura hoxe ás 20 h. no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, Flores achega sesenta imaxes do mundo agrario lugués, construíndo unha paisaxe fotográfica. Como sinala o comisario da exposición, José Luis Mingote, "a paisaxe é a "visión" conceptual do ámbito, sexa natural ou con inclusión de producións humanas, non é o medio. Ata os séculos XV e XVI a palabra non aparece nas linguas europeas e o que agora chamamos paisaxe era denominado "país". A exposición poderase visitar no Museo do Pobo Galego ata o 26 de outubro.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

19/01/2009

Alfabetizarse na paisaxe

Paisaxes culturais e arqueoloxía da paisaxe amosa a historia a través das pegadas no contorno

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Paisaxe, Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela

Claves

Conceptos