O Arquivo de Galicia repasa a paisaxe e o patrimonio en cen pezas

A exposición pode verse no Gaiás ata o vindeiro 20 de marzo

4/1/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: PatrimonioExposición
Compartir:

Paisaxe e patrimonio: unha visión do territorio a través do Arquivo de Galicia é o título da exposición que se pode ver desde o pasado 20 de decembro nas instalacións desta entidade na Cidade da Cultura, en Compostela. O proxecto expositivo percorre, a través de cen pezas documentais, tanto textuais como fotográficas e cartográficas, a evolución da paisaxe galega. A exposición está Dividida en tres seccións, dedicadas respectivamente á paisaxe natural, á humanizada e á protexida, e recolle fondos como os da Casa de Banca e Comercio Bengoechea, da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela e da empresa Fotografía Aérea y Terrestre. A exposición estará aberta ata o vindeiro 20 de marzo.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

19/01/2009

Alfabetizarse na paisaxe

Paisaxes culturais e arqueoloxía da paisaxe amosa a historia a través das pegadas no contorno

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Paisaxe, Arquivo de Galicia, Gaiás, Fotografía...