Unha exposición documental achega a emigración ao Gaiás

O Arquivo de Galicia abría onte Emigrantes: terras, xentes, emocións

| Santiago. Redacción | Seccións: HistoriaExposicións
Compartir:

Un percorrido pola historia do fenómeno migratorio en primeira persoa a través de documentos dos seus protagonistas. Este é o eixe de Emigrantes: terras, xentes, emocións a exposición que abría onte o Arquivo de Galicia na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. A través de 45 documentos orixinais custodiados por esta entidade, a mostra fai un percorrido polas diferentes etapas da emigración no noso país desde o século XVII. As distintas vagas migratorias a destinos como Portugal, Bos Aires ou Cuba están representadas nunha mostra que permanecerá aberta ata o vindeiro 4 de marzo.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

As Luces de Alén Mar

As Luces de Alén Mar

Unha exposición do Consello da Cultura explica no Museo Pedagóxico o papel dos emigrantes americanos na educación

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquivo de Galicia, Documental, Gaiás, Bos Aires...