As Luces de Alén Mar

Unha exposición do Consello da Cultura explica no Museo Pedagóxico o papel dos emigrantes americanos na educación

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeExposicións
Compartir:
As Luces de Alén Mar

Desde hoxe pola tarde, na inauguración (20 h.) ata o 28 de xuño, o Museo Pedagóxico de Galicia, en Santiago, acolle a exposición "Luces de Alén Mar. As Escolas de Americanos en Galicia", promovida polo Consello da Cultura Galega a través do Arquivo da Emigración Galega. A exposición nútrese do traballo de investigación que o Arquivo da Emigración levou a cabo ao redor dun importante fenómeno da nosa Historia: as sociedades de emigrantes que custearon a construción e mantemento de escolas nas súas localidades de orixe a principios do século XX, renovando decisivamente a educación en Galicia. Escolas, documentos, fotografías, obxectos, planos...este traballo complétase co web As Escolas da Emigración, que permite comprender este importante fenómeno colectivo e a súa distribución en Galicia.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

As Luces do Alén

As Luces do Alén

O Arquivo da Emigración Galega presenta un ambicioso catálogo en liña para descubrir o patrimonio educativo da emigración

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escolas, Educación, Museo Pedagóxico de Galicia, Consello da Cultura Galega...