Chega a Santiago a exposición que documenta o labor educativo da emigración

Elaborada polo Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: EmigraciónExposicións
Compartir:

Foi un fenómeno enriquecedor porque os cartos que os emigrantes enviaron a Galicia serviron para crear e manter escolas. As chamadas Escolas de emigrantes están localizadas, documentadas e contextualizadas en Luces de Alén Mar. As Escolas de Americanos en Galicia. A mostra está promovida polo Consello da Cultura Galega, a través do seu Arquivo da Emigración Galega co gallo do centenario fundacional das Sociedades Galegas de Instrucción radicadas en América. A exposición, que chega agora ao Museo Pedagóxico de Galicia en Santiago, é a faceta divulgativa dun proxecto que pretende recuperar o legado educativo da emigración. Despois desta estadía, a exposición continuará o seu percorrido por Galicia e estará nas Pontes.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

As Luces de Alén Mar

As Luces de Alén Mar

Unha exposición do Consello da Cultura explica no Museo Pedagóxico o papel dos emigrantes americanos na educación

As Luces do Alén

As Luces do Alén

O Arquivo da Emigración Galega presenta un ambicioso catálogo en liña para descubrir o patrimonio educativo da emigración

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escolas, Arquivo da Emigración Galega, Museo Pedagóxico de Galicia, Consello da Cultura Galega...