Luces de Alén Mar: O futuro desde o pasado

Vicente Peña, comisario da exposición, introdúcenos na filosofía dos indianos e a súa crenza na educación

| Santiago. Redacción | Seccións: HistoriaEducación
Compartir:

Crían que as escolas e a educación podían cambiar Galicia. Investiron grandes cantidades de diñeiro en crear centros educativos modernos nas súas parroquias, concellos e comarcas de orixe; hoxendía, boa parte do seu leigado continúa en pé. Vicente Peña, profesor da Universidade de Santiago e comisario da exposición "Luces de Alén Mar. As escolas de americanos en Galicia", promovida polo Consello da Cultura Galega, explícanos neste vídeo as claves da exposición, así como documentos e espazos emblemáticos. A exposición pódese visitar no Museo Pedagóxico de Galicia ata o 28 de xuño.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

As Luces de Alén Mar

As Luces de Alén Mar

Unha exposición do Consello da Cultura explica no Museo Pedagóxico o papel dos emigrantes americanos na educación

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Escolas, Filosofía, Museo Pedagóxico de Galicia...