O CCG presenta unha visita guiada audiovisual á exposición "Afonso X e Galicia"

O documental está guiado polo musicólogo Antoni Rossell

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
O CCG presenta unha visita guiada audiovisual á exposición "Afonso X e Galicia"

O peche dos espazos culturais ordenado pola Xunta por mor da situación sanitaria obrigou a que houbera que cancelar o horario de visita á exposición "Afonso X e Galicia", organizada polo Consello da Cultura Galega, ao pouco de ser inaugurada en xaneiro de 2021. Pero a exposición continúa doutros xeitos. Hoxe o Consello da Cultura estrea unha "visita guiada" audiovisual coa cal o comisario da mostra, o musicólogo Antoni Rossell, explica a concepción da exposición e os seus contidos, permitindo coñecer a vida de Afonso X e o seu impacto na cultura e na literatura galegas. O documental está realizado por Nós TV.

Coñece a exposición:

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Afonso X, Documental, Literatura, Consello da Cultura Galega...