Unha exposición do CCG explorará as conexións políticas e culturais de Afonso X con Galicia

O comisario será o musicólogo Antoni Rosell

| Santiago. Redacción | Seccións: HistoriaExposicións
Compartir:
O rei Afonso X o Sabio.

O rei Afonso X o Sabio.

O Consello da Cultura Galega celebrará no ano 2021 unha exposición sobre a relación entre Afonso X e Galicia. Co gallo do aniversario da morte do monarca, o 4 de abril de 1284, o Consello da Cultura Galega anunciou a celebración dunha exposición na que se presentará a relación entre Afonso X e Galicia, coñecido sobre todo por promover o gran conxunto lírico das Cantigas de Santa María. O profesor e musicólogo Antoni Rosell, que será o comisario da mostra, sinala que "sobre Afonso X fixéronse moitas exposicións que amosaron imaxes recias, precisas e panorámicas sobre o monarca, pero nós queremos conectar a súa figura con Galicia a través da súa infancia pero, sobre todo, da súa actividade política e cultural”. A exposición terá, segundo o seu comisario, "un marcado carácter interactivo para chegar para un público contemporáneo que está acostumado a recibir contidos a partir de medios audiovisuais, a través dos que se mergullará non só na figura de Afonso X senón tamén na cultura do seu tempo". Para anunciar a celebración desta exposición, o Consello da Cultura Galega visibilizou na rede distintos materiais producidos polo CCG e vinculados á súa figura, incluída a descarga de balde do Códice de Toledo das Cantigas de Santa María

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Afonso X, Consello da Cultura Galega, Cantigas de Santa María, Morte...

Claves

Protagonistas
Lugares