A poliédrica figura de Afonso X, o potencial cultural das Cantigas de Santa MarÃa ou a Idade Media son os temas que o Consello da Cultura Galega (CCG), xunto coa asociación Videoxogo.gal, propoñen para a realización ou ambientación dun videoxogo. Para iso convocan unha Game Jam, un encontro virtual de desenvolvedores, a través da plataforma itch.io. A proposta é unha das actividades complementarias da exposición "Afonso X e Galicia" que se pode visitar na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela ata o dÃa 24 de abril.
Segundo establecen as bases, neste certame pode participar calquera persoa ou equipo sen ningún tipo de restrición. Será completamente virtual e poderase empregar calquera motor para o desenvolvemento de videoxogos. Os xogos deberán estar subidos á plataforma itch.io, deberán de poder ser instalados desde a súa aplicación e estarán habilitados para libre descarga por parte dos usuarios e as usuarias. Ademais do xogo, é obrigatorio subir un vÃdeo que explique como xogar (gameplay) a calquera plataforma de streaming (Youtube, Twitch, Mixer, etc.).
A exposición
"Afonso X e Galicia", a última aposta do CCG, presenta o Rei Sabio como un monarca que tivo grandes logros culturais, pero tamén grandes fracasos polÃticos e contradicións persoais, que soñou ser o grande emperador de Europa e que acabou destronado polo seu propio fillo. O relato mostra un home ocupado na construción dunha monarquÃa absoluta fronte á Igrexa e a aristocracia, cunha personalidade que se posiciona entre o pobo e a divindade, que enxalza a figura de Santa MarÃa e que entra en conflito co cabido compostelán.