De "Simón di" a "Afonso di"

Un xogo musical gaña a gamejam da exposición "Afonso X e Galicia"

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Captura de pantalla do xogo

Captura de pantalla do xogo

Para acompañar a exposición "Afonso X e Galicia", o Consello da Cultura Galega convocou unha game jam (competición de desenvolvemento de xogos) ao redor das Cantigas de Santa María e o tempo do rei. O gañador resultou ser o xogo O mester, unha divertida proba de habilidade musical que explora o patrimonio musical das cantigas e anima, con humor, as figuras representadas no principal códice no que se conserva, o Códice Rico de El Escorial. “O noso xogo é unha especie de Simon dice cunha volta de torca” afirma Carlos Balado, creador xunto con Pablo García de los Salmones do xogo “O mester”. Explica que “é un xogo musical cos personaxes que saen nas “Cantigas de Santa María” no que queríamos que as ilustracións cobrasen vida”. Na súa decisión, os membros do xurado destacaron que o proxecto “conta con ambientación musical e visual moi coidada e toques humorísticos que o converten nunha proposta atractiva que permite amosar o potencial das Cantigas de Santa María para seren incorporados a formatos e linguaxes do presente”. Os dous gañadores son alumnos do Máster en Deseño, Desenvolvemento e Marketing de Videoxogos da Universidade da Coruña e recibirán un premio de douscentos cincuenta euros.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cantigas de Santa María, Afonso X, Humor, Consello da Cultura Galega...