Calquera que busque na rede algunhas das imaxes máis icónicas das Cantigas de Santa MarÃa observará con extrañeza que as imaxes dispoñibles se atopan a moi baixa resolución, e que resultan moi difÃciles de localizar. O motivo é que, a diferencia da maior parte do patrimonio bibliográfico medieval máis relevante do continente, os dous códices iluminados máis importantes das Cantigas de Santa MarÃa non están accesibles en liña. Pertencen á biblioteca de San Lorenzo de El Escorial, dependente de Patrimonio Nacional. A Real Academia Galega emitiu hoxe un comunicado reclamando a posta a disposición pública dos códices Rico e dos Músicos das Cantigas, tras contactar con Patrimonio Nacional en xaneiro para informarse sobre os plans da institución estatal ao respecto. Esta contestou cunha "breve resposta" indicando que a "dixitalización das obras de Afonso X se contempla na súa programación cultural e que está a expensas do desenvolvemento da planificación institucional, sen suxerir data ningunha para a súa difusión", segundo sinalou a RAG. Os outros dous códices que conteñen as Cantigas, tamén elaborados no tempo de Afonso X, un na Biblioteca Nacional de España e outro na Biblioteca Nacional Central de Florencia, si están dispoñibles na rede.