"É chamativa a sorpredente actualidade que pode ter un monarca como Afonso X", sinalou a secretaria do CCG, Dolores Vilavedra, durante a primeira presentación aos medios da exposición "Afonso X en Galicia", organizada polo CCG, e que se inaugurará no vindeiro xaneiro. "Por unha banda, nun momento no que o plurilingüisimo está a ser cuestionado, Afonso X vai asumilo dunha aneira natural. Por outra, nesa paixón polo coñecemento el non fai distinciións entre as ciencias e as humanidades, é parte dun todo. E a súa historia revela que os conceptos de fronteiras na Idade Media eran moito menos ríxidas e ben diferentes que as actuais". Son ideas que xurden ao traballar durante anos na creación dun proxecto que explora os vínculos entre este monarca e Galicia.
Será unha exposición moderna, no fondo e na forma, que mostra a figura polifacética de Afonso X, de grande importancia no contexto ibérico e europeo, mais faino desde a óptica de Galicia e da súa influencia na nosa historia cultural apuntou a presidenta, Rosario Álvarez, que destacou que a exposición procura poñer en valor todo o patrimonio galego vinculado coa monarquía afonsí. A intención é presentar a Afonso como un ser humano que tivo grandes logros culturais, pero tamén grandes fracasos; que soñou ser o grande emperador de Europa e que acabou moi lonxe do seu propósito explicou o comisario Antoni Rossell. A proposta expositiva afástase das exposicións de obxectos, busca compoñer ese relato a modo de crebacabezas con varios niveis, apoiado nunha narrativa multimedia. As circunstancias sanitarias obrigaron a adaptar o deseño desta exposición para que se poida tocar virtualmente a través dos dispositivos móbiles, pero tamén de proxeccións visuais e sonoras que permitirán trasladar a atmosfera da Idade Media.
O relato expositivo estará en galego, inglés e castelán e permitirá achegarse á complexa e poliédrica figura de Afonso X, ás Cantigas de Santa María, como testemuño visual e sonoro da Idade Media galega e europea, aos instrumentos e á cultura galega da época. A exposición está aberta ao público na Igrexa da Universidade en Santiago de Compostela entre o 12 de xaneiro e o 24 de abril, e a primeira das súas itinerancias será Ourense, o Centro Cultural Marcos Valcárcel.