O CCG celebra o legado cultural de Afonso X e os seus vínculos con Galicia

A exposición está aberta na Igrexa da Universidade de Santiago

13/1/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

A igrexa da Universidade de Santiago acolle desde onte pola tarde a exposición "Afonso X e Galicia", unha mostra que explora os vínculos entre Afonso X e Galicia, especialmente a través do "monumento da cultura universal" que son as Cantigas de Santa María e as outras traducións de obras a lingua galega, como as definiu a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez. A mostra, comisariada polo musicólogo Antoni Rossell, detense na figura dun rei que "de tanto mirar as estrelas se esqueceu da terra", en referencia á que a súa enorme actividade cultural e científica non foi acompañada de grandes triunfos políticos na xestión dos seus reinos. A mostra recrea un scriptorium medieval, achega reconstrucións de instrumentos da época e permite a contemplación dun "ceo" no que se poden escoitar as cantigas, acompañadas das miniaturas orixinais. O web permite o acceso a contidos adicionais.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Afonso X, Igrexa da Universidade, Rosario Álvarez, Cantigas de Santa María...