O CCG publica o catálogo da exposición "Afonso X e Galicia".

Está dispoñible en galego, castelán e inglés

| Santiago. Redacción | Seccións: HistoriaExposicións
Compartir:
Cuberta do catálogo

Cuberta do catálogo

O Consello da Cultura Galega publicou hoxe, en libre descarga, o catálogo da exposición "Afonso X e Galicia", elaborado polo comisario da mostra, Antoni Rossell. Trátase dun documento interactivo que permite non só o acceso máis elaborado e estendido aos contidos presentes na mostra física, senón a conexión con diferentes elementos multimedia, como unha interpretación dunha escolma de cantigas ou entrevistas a especialistas que diseccionan os vínculos entre o rei e Galicia: Henrique Monteagudo, Francisco Prado Vilar, Carlos Núñez, Elvira Fidalgo e Eduardo Cebreiros. O catálogo permite ter unha visión ampla da traxectoria do rei, os principais trazos da súa historia vital e política, pero tamén permite coñecer patrimonio cultural galego vinculado á época do seu reinado. O catálogo está dispoñible para descarga gratuíta en galego, castelán e inglés.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Afonso X, Carlos Núñez, Francisco Prado, Henrique Monteagudo...