A Xunta incorpora máis información básica do Catálogo do Patrimonio aos visores

Pódese descargar por concellos no visor do Plan Básico Autonómico

26/12/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio

Localización da capa de Patrimonio

O acceso aos datos do catálogo de patrimonio cultural da Xunta é unha vella demanda do sector do patrimonio cultural e das entidades, asociacións e investigadores. A Xunta acaba de incluír unha actualización no seu visor cartográfico do Plan Básico Autonómico, o sisema que permite combinar diferentes capas cartográficas e de xestión do territorio. Aínda que xa existía unha capa de afeccións patrimoniais sobre o mapa, as melloras permiten o filtrado dos datos por BICs, elementos de Catálogo, os contornos de protección, os plans especiais ou o Camiño de Santiago. O goberno autonómico tamén incluiu un novo servizo que permite a descarga completa de todas as fichas de bens a protexer nos concellos. O sistema permite a descarga dun ficheiro zip cunha colección de fichas en pdf con información moi básica do Catálogo do Patrimonio Cultural e dos Bens de Interese Cultural.

Do mesmo ámbito

19/02/2015

A natureza xeolocalizada

Un novo visor da Xunta permite explorar as relacións entre administración e ecosistemas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bens de Interese Cultural, Asociacións, Camiño de Santiago