A Xunta creou unha capa de información xeolocalizada que permite consultar os sitios arqueolóxicos inventariados pola Xunta de Galicia. Os sitios pódense ver sobre a cartografÃa en liña da Xunta, ubicados sobre un mapa que sinala tamén o ámbito de afección de cada un deles. Para poder revisalos no visor (debaixo da nova podes ver a ligazón), hai que despregar a opción capas e, dentro de capas, as "Afeccións". Esta capa é parte da información pública dispoñible para o Plan básico autonómico, "o instrumento de planeamento urbanÃstico que ten por obxecto delimitar, no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, as afeccións derivadas da lexislación sectorial e identificar os asentamentos de poboación existentes". Este instrumento será de aplicación nos concellos que carezan de Plan xeral de ordenación municipal e terá carácter complementario do planeamento municipal.