Rianxo abre un plan de mantemento de sitios arqueolóxicos en mans privadas

O proxecto involucra unha ampla área e durará tres anos

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O concello de Rianxo presentou ás comunidades de montes un plan de mantemento e limpeza dos sitios arqueolóxicos do concello durante tres anos. Coordinados polo arqueólogo Mario César Vila e con medios municipais, limparase toda unha zona cunha especial densidade de xacementos, en especial petróglifos e mámoas. Abrangue a área montañosa que vai de Leiro e Isorna ata Asados e inclúe diferentes e emblemáticas estacións de arte rupestre. O obxectivo non é só facer visibles estes sitios arqueolóxicos senón protexelos contra os lumes, que provocan grandes afeccións neses espazos. Para que o plan sexa posible, cómpre o permiso dos propietarios dos bens arqueolóxicos. Non é frecuente que os concellos habiliten planes de varios anos de duración para o mantemento de sitios arqueolóxicos de propiedade privada ou en mancomún.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Rianxo, Leiro, Arqueoloxía

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares