O CSIC notifica a Patrimonio 180 sitios arqueolóxicos novos na provincia da Coruña

Inclúen vinte novos castros

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O CSIC informou onte da notificación, por parte do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) de 180 novos sitios arqueolóxicos á Dirección Xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura da Xunta, para a súa avaliación, catalogación e protección. Os sitiso foron localizados a partir da revisión de todo tipo de fontes cartográficas, fotográficas, o procesado dixital dos datos do terreo. Os novos sitios arqueolóxicos inclúen unha ampla tipoloxía de xacementos, desde mámoas, castros ou estruturas exteriores aos castros ata o momento non detectadas. Os achados foron feitos no marco do proxecto "Hinterland. Recoñecendo a actividade humana fóra dos castros da Idade do Ferro do Noroeste Ibérico" liderado polo INCIPIT coa participación das universidades de Durham, Exeter, a Politécnica de Madrid e o Instituto de Arqueoloxía de Mérida. Os investigadores principais foron César Parcero Oubiña e David González Álvarez.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Un arriba e abaixo castrexo

Un arriba e abaixo castrexo

Os arqueólogos investigan en Castrolandín as razóns da construción de cabanas por fóra das murallas do castro

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CSIC, INCIPIT, Idade do Ferro, Arqueoloxía...