Nas empinadas ladeiras do castro de CastrolandÃn (Cuntis) un equipo arqueolóxico acaba de rematar unha intervención na procura dun baleiro arqueolóxico ao redor da nosa Idade do Ferro: que sucedÃa no exterior dos castros. "Este é un dos poucos sitios nos que se está documentando evidencias de actividade por fóra das murallas", explica César Parcero, arqueólogo do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit), "isto é algo que desde hai tempo se coñece en varios sitios. Restos arqueolóxicos na periferia dos castros pero sempre localizados por azar ou por unha obra, pero nunca estudados de xeito sistemático".
O proxecto lévase a cabo grazas ao convenio subscrito pola Deputación de Pontevedra e o Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) que permitiu intervir neste castro de CastrolandÃn e proximamente en Castro Montaz (Silleda) e Bendoiro (LalÃn), sen ben neste caso sen realizar a través de técnicas non invasivas como o escaneado da superficie con LiDAR ou o uso de gradiómetro para detectar estruturas baixo a superficie.
Polo xeral na Europa atlántica hai evidencias da continua actividade das xentes da Idade do Ferro por todo o territorio: granxas, pequenas aldeas sen fortificar, necrópoles, santuarios e espazos de reunión. Pero boa parte dese mundo, ata o momento, non puido ser documentado en Galicia.
No caso de CastrolandÃn dase a circunstancia de que a fortificación conta cunhas grandes murallas que rodean o xacemento, pero no seu interior a densidade urbana non era moi alta. "De feito, hai bastantes metros entre as murallas e as casas do interior, e moito espazo libre entre as cabanas sen ser ocupado. Non habÃa un problema de presión urbana", sinala o arqueólogo Carlos Otero, responsable da intervención arqueolóxica actual e de todas as anteriores no xacemento. Porén, o castro conta con cando menos dúas terrazas por fóra das murallas que puideron albergar cabanas. Nunha desas terrazas é na que traballaron os arqueólogos.
Unha gran cabana
"Xa no ano 2009 abriramos parte desta cabana", sinala Carlos Otero. "Agora fomos capaces de documentala por completo. É unha cabana circular, polo de agora a máis grande do poboado, e no centro unha lareira que tamén é a máis grande de todo o castro". Os arqueólogos tamén identificaron o sistema de cubrición, a partir de catro furados de ubicados nos estremos, pegados nas paredes. E a cabana non estaba soa. "Adosada apareceunos o muro doutra construción que aÃnda non sabemos o que é, pero é moi grande", indica Otero.
"O certo é que desde o punto de vista actual a posición da cabana hoxe non ofrece ningunha vantaxe, está nunha ubicación pésima e un sitio cunha forte pendente mirando cara o val. De feito, despois de traballar alà esta semana, comprobo que era un moi mal sitio para vivir". Por que habendo tanto espazo libre no interior do castro algúns dos seus habitantes escolleron esa ladeira, sen a protección da muralla, nun espazo incómodo?
A forte pendente na que está ubicada a cabana. Fonte: Equipo de investigación
Unha cultura material máis pobre que no interior do castro
No interior da cabana localizaron unha cultura material moi similar á do interior do recinto e dunha cronoloxÃa tamén semellante, da etapa final da Idade do Ferro, entre o século II a.C. e o I d.C. Pero con ausencias notables. "É cerámica cunha decoración máis pobre. Agás unha peza decorada e o remate dunha fÃbula, as pezas son moito máis sinxelas que no interior do castro", indica Carlos Otero. Ademais, o amplo conxunto de materiais de importación que se atopou intramuros, como ánforas de viño e aceite de procedencia mediterránea ou cerámica de luxo de época augustea non aparece neste lugar. "Todo isto ten implicacións por agora a nivel hipotético", indica Carlos.
E é que pendentes de máis análises os investigadores teñen dúas hipóteses principais sobre estas diferencias. "Pode que esteamos a ver algunhas diferencias sociais entre a xente que vive por fóra das murallas e a que vive por dentro", sinala Carlos Otero, "pero tamén pode deberse a outro factor. Xusto embaixo do castro está a aldea actual de CastrolandÃn. Poderiamos estar a ver o proceso de baixada cara o val das vivendas desde as croas dos castros". É aÃnda cedo para decantarse por unha hipótese ou outra. Os arqueólogos tomaron mostras orgánicas para poder realizar datacións de C14 que permitan coñecer o tempo de uso da cabana. "Se, por exemplo, as datacións nos sinalan unha ocupación do século II a.C. as implicacións serán distintas que se saen en época romana", advirte Carlos Otero.