Mariña Patrimonio localiza novos petróglifos e mámoas na costa luguesa

Patrimonio recoñece a existencia dos bens

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O petróglifo reticulado de Langoira. Foto: Mariña Patrimonio

O petróglifo reticulado de Langoira. Foto: Mariña Patrimonio

A asociación cultural Mariña Patrimonio vén de anunciar que a Dirección Xeral de Patrimonio recoñeceu a existencia de dous novos xacementos arqueolóxicos localizados pola asociación e, xa que logo, foron incluídos noInventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta. Estes dous xacementos foron unha nova mámoa coñecida popularmente como A Cova do Ouro en San Román (O Vicedo) e un petróglifo con motivos reticulados localizado no lugar de Langoira, parroquia de Castelo (Cervo), especialmente curioso xa que a maior parte de pezas con estes motivos, xa de por si escaso, están localizados na provincia de Pontevedra.

Que che parece esta nova?
96 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mariña Patrimonio, Ouro, Castelo, Dirección Xeral de Patrimonio...