
Os petróglifos, ubicados no Campo do Sobreiro, resultaban singulares en Galicia por dous motivos combinados: eran dos poucos realizados en xisto (a maior parte deles están executados en laxes granÃticas) e en vertical. Como se pode apreciar nas fotos, teñen motivos circulares. Os traballos para a preparación da enorme explotación de kiwis, que abranguen unha extensión de 180.000 metros cadrados, tamén arrasaron cun xacemento romano ubicado na zona de Boa Ventura. Os membros do Instituto localizaron na área diferente material arqueolóxico, como o chanzo dunha porta (na que se pode apreciar a fenda da bisagra), anacos de ánforas, instrumental e material lÃtico diverso que foi entregado á Garda Civil.
Patrimonio Cultural abriu un expediente ante a agresión e ordeou ao Concello a paralización inmediata da obra. Pero o alcalde, Alejandro RodrÃguez, incumpriuna. "O único que pode paralizar a obra é o alcalde e non o fixen porque Oia ten que mirar ao futuro, non ao pasado, e unhas pedras non poden ser obstáculo", dixo o alcalde, do PP, en declaracións a La Voz de Galicia.