Un novo proxecto de investigación abordará un dos aspectos máis descoñecidos da Idade do Ferro do noroeste peninsular: que sucedía máis alá das murallas dos castros. A través do uso de diferentes tecnoloxías e metodoloxías, investigadores do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) do CSIC procurarán en xacementos prehistóricos fortificados de Asturias e Galicia, os trazos da vida que os seus habitantes puideron deixar no exterior dos sistemas defensivos. Camiños, leiras, dependencias gandeiras, pendellos ou mesmo espazos simbólicos. Polo de agora, unha primeira experiencia xa permitiu comprobar en Castromao que hai vida máis alá das murallas.
A imaxe icónica dun castro galego que ten a maior parte da xente é unha vista fotográfica no que se adoita ver unha gran muralla e un interior ateigado de vivendas, como en Baroña (Porto do Son), no monte Trega (A Guarda) ou en Viladonga (Castro de Rei). E en certo xeito esa imaxe motiva a que moitas das escavacións actuais de xacementos sigan o mesmo patrón: reconstruír esta estampa típica do interior do poboado. Desde hai xa máis dunha década, diferentes voces da investigación falan dunha arqueoloxía 'castrocéntrica', na que continuamente se aspira a exhumar o interior dos poboados sen mirar moito máis alá.
Porén, un amplo volume de 'literatura gris' en forma de informes arqueolóxicos, memorias de escavación, breves noticias e achados fortuítos dan conta de mostras de actividade máis alá das murallas durante a Idade do Ferro. "Desde cousas que apareceron vixiando gabias, evidencias de carboeiras, estruturas agrarias, obradoiros ou doutro tipo que se atopan fóra das murallas", sinala o arqueólogo David González, "ata agora só trascendeu parte desa información e temos un conxunto de evidencias dispersas e que ata agora non están sistematizadas. Temos datacións, materiais que aparecen en zonas de cultivo actuais de Cangas de Onís. No casco urbano de Castropol apareceron uns foxos estraños. En Galicia temos asentamentos non fortificados como Pena Redonda (Ponte Caldelas) ou en Riós (Ourense)".
David González Álvarez é, xunto co tamén arqueólogo César Parcero, ambos os dous do INCIPIT, os investigadores principais dun novo proxecto de investigación concedido polo Ministerio de Ciencia e tecnoloxía que aspira a obter unha ollada máis ampla de como esas sociedades prehistóricas se asentaban no territorio. Baixo o complexo título de "Recoñecendo a actividade humana fóra dos castros da Idade do Ferro do Noroeste Ibérico mediante metodoloxías non invasivas", un conxunto de investigadores do INCIPIT, o Instituto de Arqueoloxía de Mérida e das universidades de Santiago de Compostela, Exeter y Durham (Reino Unido).
Castrocentrismo
"Neste proxecto queremos reflexionar un pouco ao redor de como pensamos na Idade do Ferro. É certo que ata agora a monumentalidade das ruínas dos castros e a lectura eminentemente guerreira e xerárquica sobre esas sociedades facía que calquera arqueólogo que se prezara intervía para exhumar a muralla e as vivendas", sinala González. Producíase moitas veces unha coincidencia de intereses coas entidades promotoras das intervencións arqueolóxicas. "Todo o mundo pretende ensinar unha muralla atractiva, visible a distancia, e ao mirarmos ao interior a cabana circular con tellado de palla tan icónica", sinala David González.
Podía existir en Galicia un poboamento disperso de aldeas e granxas máis alá dos castros, como sucede na Galia ou na antiga Britania? "Creo que a inmensa maioría das familias da Idade do Ferro vivían en poboados fortificados, porque se non, a arqueoloxía comercial xa nos tería amosado máis exemplos", sinala González, en referencia ás numerosas intervencións arqueolóxicas motivadas pola construción de obras públicas. "Pero pasa algo curioso. Ninguén dubida acerca da existencia de numerosos poboados abertos en época romana, pero se nos paramos a pensar observaremos que realmente tampouco apareceron moitos casos dese suposto poboamento romano nas escavacións da arqueoloxía comercial. Esa é tamén unha das preguntas que tentaremos resolver".
Para os investigadores é, polo momento, difícil coñecer a escala de evidencias existentes. "Non coñecemos o volume de datos nin a súa calidade", apunta David González. Pero é frecuente que en conversas con arqueólogos aparezan con frecuencia estes xacementos 'pantasma' que ata agora careceron de atención por parte da investigación académica, agás casos puntuais. A partir da análise desa documentación dispersa, os arqueólogos deseñarán tres áreas piloto de estudo na provincia da Coruña, na zona centrooccidental de Asturias e no sur de Ourense. Con grandes recadros de 20x40 km de lado, nos que se volcará toda a atención con técnicas de teledetección para recoñecer trazas e evidencias de actividade humana, moi diversa, no exterior dos castros. Varios dos investigadores e, especialmente César Parcero, levan anos traballando na análise de evidencias de actividade exterior, como as parcelas agrarias.
"Fóra dos poboados tiñan que existir estruturas e pequenos asentamentos para actividades puntuais, loxísticas, os típicos pendellos para animais... e logo interésanos moito caracterizar os espazos de traballo e os campos de cultivo. Levamos vintecinco anos discutindo arredor das bases materiais e sociais da acumulación de excedentes agrarios, pero non sabemos onde traballaba a xente dos castros!", explica David González. Pero comprender como analizar unha paisaxe agraria en espazos habitualmente moi transformados en séculos posteriores non é doado. A idea do equipo é contar coa metodoloxía e a ensinanza doutros investigadores vinculados ás distintas institucións colaboradoras que levan anos traballando na comprensión das paisaxes agrarias medievais. "É curioso porque sempre que falamos de paisaxes castrexas, estámos referíndonos á relación entre distintos poboados, pero eu sempre poño sobre a mesa que o máis importante da Idade do Ferro é a idea de paisaxe compartimentada".
Outra dimensión son os camiños da Idade do Ferro, absolutamente descoñecidos na actualidade pola investigación pero que deberon xogar un rol importante á hora de escoller o lugar de asentamento dos poboados. Os investigadores aspiran a conseguir desvelar posibles trazados a partir do uso de tecnoloxías como a xeofísica. "Ten que haber camiños de ferradura, tránsito rodado... e deben existir trazas aínda que nalgúns casos haxa dous mil anos de traballo labrego. Non deixa de ser interesante como a tradición oral parece mencionar eses camiños en numerosas lendas de castros". Os investigadores confían en que a xeofísica, liderada polo arqueólogo Jesús García, permita localizar camiños empedrados ou outro tipo de estruturas viarias.
Os investigadores traballarán con técnicas de teledetección, xunto con gradiómetros e xeofísicas para atopar estruturas no subsolo, como paso previo á realización última de algunhas sondaxes que permitan verificar o que previamente se localice coas técnicas anteriores. E isto pode incluír algúns dos elementos máis enigmáticos da cultura da Idade do Ferro do noroeste, como poden ser os 'espazos simbólicos'. Centros cultuais ou necrópoles ata o momento non localizadas nin detectadas no noroeste.
Castromao como banco de probas
A semana pasada o INCIPIT avanzou os resultados dun proxecto no que os arqueólogos probaron os métodos que aplicarán durante os tres anos de proxecto. No castro de Castromao (Celanova), en colaboración con Breogán Arqueoloxía e promovido polo concello de Celanova, utilizouse xeofísica para prospectar varias zonas por fóra das murallas e na aldea actual de Castromao, en zonas onde os arqueólogos tiñan atopado hai tempo materiais romanos que aventuraban a posible existencia dun poboamento romano asentado aos pés das murallas do antigo asentamento. A intervención, tanto no interior como no exterior do poboado, amosou potenciais vivendas circulares na croa pero tamén un conxunto de estruturas no exterior.
Mellorar coñecemento pero tamén xestión
"Documentar este tipo de evidencias extramuros permítenos explorar outras vinculacións entre a xente dos castros e o territorio", conclúe David González. "Os castros non eran só xente que vivían alí encerrados, senón que vivían onde nós viviamos e coñecían os mesmos lugares ca nós para iren merendar. Avós e netos nacendo e morrendo no mesmo lugar durante xeracións desencadea procesos de paisaxe e, a nivel simbólico, de identificar a unha comunidade co seu territorio".
No proxecto quérese chamar a atención sobre este feito. No terceiro ano entregaranse documentos ás diferentes administracións públicas para chamar a atención sobre como poder protexer este patrimonio máis difícil de ver e comprender e como aprender tamén a identificalo. "Queremos ofrecer estímulos que valoren para non perder máis oportunidades", conclúe David González. A Idade do Ferro apenas pode comezar na muralla dos castros.