Houbo un tempo, entre a Antigüidade TardÃa e a Idade Media, en que Galicia estaba dividida en condados, con fronteiras asentadas nos antigos lÃmites da terra: mámoas, castros, pedras fitas, portos e rÃos. Unha intervención arqueolóxica en Merza (Vila de Cruces) está desvelando unha fortificación que pode estar asociada ao Sétimo Condado referido nun antigo documento que se remonta a época sueva, asà como deitar luz sobre un perÃodo decisivo para comprender a Galicia da plena Idade Media.
O que ata agora estaba catalogado coma o castro de San Paio atópase nun lugar idÃlico, á entrada da parroquia de Merza (Vila de Cruces, Pontevedra). Desde o alto deste monte frondoso obsérvase unha panorama moi descoñecida da fervenza de Carboeiro. Pero San Paio está intrigando ao equipo de CADO ArqueoloxÃa, que rematou a semana pasada a súa segunda campaña cientÃfica neste lugar, financiada polo AGADER e o concello de Vila de Cruces. Os arqueólogos cren terse atopado cun xacemento sen paralelos, cando menos escavados cientificamente, no paÃs. "Para atopar algo similar asà teriamos que ir a Francia ou a Inglaterra", asegura VÃtor Manuel GarcÃa, o arqueólogo coordinador do proxecto e axudante do director cientÃfico do proxecto, David Abella.
Segundo os investigadores, o castro de San Paio non é exactamente un castro, senón o que se coñece como unha 'motte & bailey', un tipo de fortificación medieval propia do norte de Europa. AÃnda que a orixe destas fortificacións non está moi clara, este tipo de castelo estendeuse polo Atlántico e Centroeuropa a partir de NormandÃa e a Bretaña francesa, entre os séculos X e XI. Son, por exemplo, o signo de identidade dos conquistadores normandos que se fixeron con Inglaterra en 1066 trala invasión de Guillerme o Conquistador. Trátase de fortificacións moi caracterÃsticas: na zona superior está a ‘motaÂ’, unha elevación que é onde se atopa o núcleo do castelo e unha gran torre. Moitas veces a mota é artificial, construÃda a partir da acumulación de terra a partir dunha elevación natural ou uns penedos. O recinto inferior é sempre máis amplo e nel constrúense máis dependencias do castelo ou mesmo un núcleo poboacional. Unha caracterÃstica importante desta construción defensiva e que conta con defensas comúns: tipicamente un foxo que rodea toda a estrutura.
Un exemplo de motte & bailey británico
Os arqueólogos de CADO ArqueoloxÃa chegaron a esa conclusión tras as súas intervencións no recinto superior, ao que chaman informalmente a "torre". "Este ano situamos a sondaxe na parte máis central, tendo en conta as dinámicas desa ladeira, para ver se habÃa niveis conservados. O que atopamos foron chans botados con arxila para darlle horizontalidade a un terreo que non a tiña. E entre eles, localizamos materiais, sobre todo cerámicas e carbóns", explica VÃtor GarcÃa. Grazas a eses carbóns, os arqueólogos puideron datar a estrutura, e o dato sorprendeunos. O que a simple vista parecÃa unha pequena croa dun castro, en realidade tiña cronoloxÃas de ao redor do século X. Esa pequena fortificación estaba conectada, a través dun foxo, cun recinto moito máis grande que se estende pola ladeira do monte, cun gran parapeto de terra que protexe un interior aÃnda inexplorado polos arqueólogos, e que confÃan en investigar en vindeiras campañas.
Estruturas arqueolóxicas do monte San Paio referidas na reportaxe. Modelo dixital:
João Fonte.
O sétimo condado
Quen podÃa ter construÃdo esta gran fortificación, que parecÃa responder a unha necesidade só defensiva, senón de albergar un certo volume de poboación? Ao tentar entender o que se estaban atopando, os arqueólogos bateron cunha realidade histórica moi descoñecida desde o punto de vista arqueolóxico: os condados galegos, unhas antigas divisións territoriais, que xa aparecen mencionadas nun dos documentos fundamentais para comprender a Galicia da Antigüidade TardÃa: o Parroquial Suevo. Trátase dun documento de mediados do século VI no que se dá conta da organización eclesiástica do reino suevo de Gallaecia, de aquela baixo o reinado de Teodomiro. Nese documento tamén se enumeran os condados nos que se divide Galicia, cos seus lÃmites, aÃnda que algúns expertos consideran que é un engadido posterior, do século XI. En cada un deles, o rei designaba un comes ou conde, responsable da súa administración e defensa. "Con moita cautela, estamos pensando que pode ter relación coa familia dos Betote, que son os Condes do Deza nese perÃodo. Esta fortificación poderÃa ser a repoboación dunha vila antiga, fortificada pola tensión que existe debida á invasión árabe", sinala con moita precaución VÃtor GarcÃa. "Hai outro elemento que apunta nesa dirección", engade o arqueólogo, "esta fortaleza controla visualmente as áreas dos mosteiros de Carboeiro e Camanzo, que foron fundados pola mesma familia dos Betotes. Aparecen como uns dos grandes repoboadores da Galicia meridional, e moi conectados con reis como Ordoño II".
O certo é que parece darse na área unha concentración pouco habitual de fortificacións medievais ao redor do rÃo Deza. A pouco máis dun quilómetro rÃo abaixo hai outro castelo, no que os restos de tégula (a tella máis antiga, de orixe romana pero que se prolongou nalgúns casos ata a Alta Idade Media) parecen indicar unha cronoloxÃa antiga. A menos de tres quilómetros ao oeste, en Bascuas, a Dirección Xeral de Patrimonio catalogou recentemente outra mota medieval, e enfronte dela, na parroquia silledense de Abades, existe outro castelo, tamén controlando o curso de auga.
Unha plataforma anterior
O problema é que o crebacabezas de San Paio parece ser anterior a esta propia motte & bailey. De feito, os arqueólogos acudiran ao lugar atraÃdos por un espazo elevado que estaba por fóra desa fortificación do século IX. Naquel lugar, separado da fortificación, dábase unha concentración inusual de tégula, que lles facÃa pensar na posibilidade de algún tipo de asentamento romano ou tardoantigo. Ao escavaren decatáronse do espoliado que estaba o recinto debido a furtivos. AÃnda asà "o xacemento está moi ben conservado". "Nesa plataforma atopamos unha zona interior, como unha fogueira, uns chans botados e un contexto de carbóns queimados que tamén puidemos datar", sinala VÃctor GarcÃa. O equipo tamén atopou trazas de edificios. As datacións da plataforma ofreceron un mundo distinto, pero tamén moi pouco habitual na arqueoloxÃa galega: o lugar foi usado ou habitado entre os séculos VI, VIII ou IX. E, por riba, os arqueólogos tamén atoparon material prehistórico, como unha punta de flecha ou un anaco de sÃlex tallado que remontan o uso do monte ata a Idade do Bronce.
Moeda acuñada en Mertia nos tempos do rei visigodo Recaredo. Destácase o topónimo da ceca.Foto: Francisco Pliego / Ruth Pliego (máis información)
Pero, de novo, os arqueólogos atópanse cun contexto histórico tan suxestivo como suxerente. Naquel antigo Parroquial suevo menciónase a existencia de Mertia ou Mercia, unha das oito poboacións citadas para a diócese de Iria Flavia, e que en varios casos se corresponden con antigas denominacións prerromanas. Ese lugar, Mertia, non debÃa ser unha poboación menor. Recentemente identificouse unha moeda acuñada en Mertia durante o reinado do rei visigodo Recaredo, o monarca que sucedeu a Leovixildo, o responsable de anexionar o reino suevo ao visigodo. Hai unanimidade nos especialistas en identificar esa Mertia da moeda coa actual parroquia de Merza, na que está localizado o monte de San Paio. Pode a "plataforma" ter que ver con ese contexto? Os arqueólogos non teñen dúbidas de que é anterior á fortificación. "O recinto máis grande corta co foxo a plataforma, e iso quere dicir que é posterior", explica VÃtor GarcÃa.
San Paio pode ofrecer moitas máis sorpresas. O proxecto arqueolóxico inclúe numerosas accións de divulgación en directo do traballo cientÃfico, visitas guiadas e obradoiros de arqueoloxÃa viva nos que se amosan técnicas e se procura achegar o coñecemento á sociedade. Estas accións teñen como base a capela de San Paio, que se atopa aos pés do monte. A partir deses encontros cos veciños, VÃtor GarcÃa coñeceu unha prometedora lenda. A xente de Merza comentoulle a tradición de que a capela antes estaba no alto do monte. Aos arqueólogos acumúlanselle os deberes en San Paio.